Mensagens

A mostrar mensagens de fevereiro, 2023

Doce meses en galego. Os días da semana

Imagem
 Sabías que, alén de luns, martes, mércores..., temos no galego outros nomes tradicionais para os días da semana? Desde Lingua de Ponte animámoste a que os uses para non perdermos o que temos de noso. Deixamos aquí un vídeo feito pola profe Nate. A fotografía  é dunha actividade do alumnado das aulas de portugués, que tamén realizou esta montaxe.

Día da Candeloria

Imagem
 Hoxe, día 2 de febreiro, día da Candeloria, os versos voaron polo centro. As alumnas e alumnos do 12 leva un tempo buscando poemas na biblioteca, na casa, en Internet... e escribíndoos nas aulas para facer con eles un agasallo neste día.  En forma de roliño chegaron a nós hoxe estes versos voadores... Dentro de pouco poderedes ler na biblioteca o volume ilustrado por alumnado do centro. Aquí podedes ver máis fotos