Mensagens

A mostrar mensagens de março, 2023

O días da semana-Carlos Quintairos

 Carlos Quintairos, veciño de Ponte Canedo, é profesor de autoescola e vicepresidente da UDO. Envíanos este vídeo para a nosa campaña contándonos cando se fan os exames prácticos.  Grazas. Se quixeres ver todos os vídeos que levamos publicado desta campaña, preme aquí , a nosa lista de reprodución do youtube. E de quereres participar nela, envíanos un vídeo curto en que uses algún deses nomes tradicionais dos días da semana ao noso correo pontedelingua@gmail.com. 

Os días da semana- Xiko Paradelo

O noso querido amigo Xiko Paradelo, profesor no Cole de Cea e autor de BD, envíanos parte dun poema de Rosalía de Castro, o cantar nº 24 de Cantares gallegos. ACadaCanto versionou este poema no fermoso disco a Rosa d'Adina, dedicado a Rosalía de Castro. Podedes escoitar a música se premedes aquí . Hoxe é quinta feira, como o día en que este mozo de Xinzo lle compra a Rosa o pano que lle dá na feira de S. Benito.

Xulio Pérez Pereiras-os días da semana

 Sempre é un día para visitarmos algún fermoso lugar, como este que nos envía  Xulio Pérez Pereiras, antigo profesor de galego do noso centro. Moitas grazas, Xulio, por colaborares con esta campaña de Lingua de Ponte. Lembra que podes enviar o teu vídeo a pontedelingua@gmail.com

Hoxe é terza feira. David López Gesto_Os días da semana

O que foi tanto tempo o noso profesor de Plástica, David López Gesto, fala con Ernesto da fugacidade da vida. Tempus fugit! Moitas grazas, David! De quereres colaborar con esta campaña na que Lingua de Ponte difunde os días da semana, envía un vídeo a pontedelingua@gmail.com

Os días da semana- Carlos P. Seara

O coordinador da biblioteca do noso centro, a biblioteca José Ángel Valente, participa na campaña de Lingua de Ponte para difundirmos os nomes tradicionais dos días da semana en galego. Tamén nos recomenda un interesante filme. Moitas grazas. Lembrade que podedes enviar o voso vídeo para participardes nesta campaña ao noso correo electrónico: pontedelingua@gmail.com

Os días da semana-Josito Porto

O actor e músico Josito Porto enviounos este vídeo para colaborar na campaña en que difundimos o nome tradicional dos días da semana. Grazas. Animádevos a participar e enviade o voso ao correo de Linguade Ponte: pontedelingua@gmail.com Se queredes ver todos os vídeos difundidos nesta semana visita a nosa lista de reprodución no youtube .

Os días da semana_ Ramón Villar Prol

 Ramón, profe de historia do centro, tamén colabora connosco na campaña dos días da semana. GRAZAS. Recordade que, de quererdes participar na campaña,  podedes enviar os vosos vídeos (breves e gravados en horizontal) a pontedelingua@gmail.com

Concurso de microrrelatos

Imagem
 Lembrámosvos que está aberto o Concurso de microrrelatos no que podedes participar ata 0 día 30 de marzo. Está dirixido a toda a comunidade educativa: alumnado, persoal do centro, familias... Enviade o voso microrrelato nun anexo ao correo do equipo pontedelingua@gmail.com indicando no asunto concurso de microrrelatos e o voso nome completo. O nome do arquivo que enviedes nese anexo debe conter o voso nome completo. Exemplo: micro_mariaperezvazquez1esoa/ micro_xosefacastrocastelaoprofe/ micro_aldaraandradealonsonai O nome tamén debe figurar no inicio do propio documento que enviedes. Podes consultar as bases na web        

Os días da semana-Xosé Rodríguez Díaz

Desde a asociación cívica e cultural Vía Vella de Ponte Canedo chéganos outra colaboración para a nosa campaña para recuperar a nomenclatura tradicional dos días da semana. Recordade que, se queredes colaborar, podedes enviarnos un vídeo ao correo pontedelingua@gmail.com 

Música para o 8M

 A música é sempre unha boa forma de achegármonos a todos os debates e esta lista de reprodución só é unha pequena mostra do que nela podería estar contida. Mais aí vos queda para a escoitar e para que nos enviedes outras propostas se quixerdes. Clica aquí para accederes á lista de reproducción.

Os días da semana- Mario Brión

O segundo vídeo que recibimos para a nosa campaña de difusión dos nomes tradicionais dos días da semana foi o do creador de contidos e youtubeiro Mario Brión Toucedo, Olaxonmario. Mario visitou o centro en xaneiro (podedes ver algunha fotografía nesta ligazón ) e está nominado na categoría mellor comunicador/comunicadora  na  XXI edición dos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.  A gala de entrega destes premios celebrarase en Ourense o 11 de marzo. Lembrade que se queredes colaborar con esta campaña de Lingua de Ponte podedes enviarnos un breve vídeo ao correo do equipo pontedelingua@gmail.com  Grávao en horizontal se o fixeres co móbil.

Os días da semana. Celia Pereira Porto

 Para difundir o nome tradicional dos días da semana en galego pedimos a algunhas persoas que nos enviasen un vídeo.  A primeira persoa que nolo enviou foi Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco. Se quixeres colaborar con esta campaña, envíanos un vídeo curto, que non pase dun minuto en que empregues algún deses nomes tradicionais. Tenta gravalo en horizontal se o fas co móbil. Podes envialo ao noso correo electrónico: pontedelingua@gmail.com Para saberes algo máis sobre estes nomes podes acceder a feirando.gal , proxecto da AGAL, A Mesa e Vía Galego, onde encontarás varios recursos.