Mensagens

A mostrar mensagens de janeiro, 2023

Felicitación de Nadal de Ponte de Lingua

 Deixámosvos aquí a felicitación de Nadal elaborada polo noso equipo, Lingua de Ponte.

Concurso de logos

Imagem
 Fixemos este curso un concurso de logos para que o noso equipo, Lingua de ponte, tivese unha imaxe propia. Como imaxinades o logo gañador é o que aparece na cabeceira deste blogue. Se queredes ver outros logos, podedes entrar na ligazón Logos finalistas

Concerto Crua

Imagem
  O día 21 de decembro o grupo do Porto Crua ofreceu un concerto no IES 12 de Outubro, organizado por Lingua de Ponte, Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro educativo. O grupo Crua nace a partir dun laboratorio de adufes organizado no Porto en 2018. Dun grupo máis extenso creouse, despois dunha pandemia, unha banda de seis mulleres co seu repertorio. Neste repertorio inclúense tamén músicas galegas. A relación do grupo con Galiza vén de lonxe e, segundo elas mesmas declaran “nace do interese musical, da afectividade e da herdanza común da lingua e da música”. É precisamente esa herdanza común a que leva o EDLG do IES 12 de Outubro, onde tamén se dan aulas de portugués, a querer mostrar o alumnado unha música e unha lingua que, infelizmente, non teñen tantas oportunidades de escoitar. O grupo, formado por Ana Costa, Ana Trabulo, Diana Ferreira Martins, Isabel Martínez, Liliana Abreu e Rita Só; vén de abrir o Festival Maré, na Póvoa do Varzim, e estivo na mesma tarde do 2

Do TRADI ó TRAP… Baila, morena!

Imagem
 O día 7 de decembro o alumnado de 3º da ESO realizou este fantástico obradoiro de sensibilización en materia de igualdade e erradicación da violencia contra as mulleres con Branca Villares. Por que era necesario? Porque estes tempos de identidades dixitais e sobreexposición en redes sociais, precisamos un espazo de reflexión para as mozas e mozos sobre os contidos audiovisuais que a diario consomen e xeran: é preciso falar de autopercepción, cousificación, sexualización temperá ou socialización. En que consistiu o obradoiro? Neste obradoiro abordáronse de xeito lúdico estes temas a partir das músicas nos distintos tempos, e as colectividades que as rodean. Fiamos cantigas de antes e de agora, videos musicais,publicidades, tiktoks e demais para poñerlle nome ós micromachismos e ás violencias. Tamén reflexionamos sobre as colectividades tanxibles e as virtuais. Por último exemplificamos protocolos de axuda en casos de acoso ou abuso sexual. Pero...por que comezar a falar disto? Por

Ponte de versos

Imagem
  O día 10 de outubro tivemos a oportunidade de partillar con Lorena Fernández Iglesias, poeta ourensá e do barrio, os seus poemas e reflexións sobre a poesía. Foi un precioso encontro que agradecemos enormemente a Lorena e o alumnado de 1º de Bacharelato que o fixo posible. O noso primeiro Ponte de Versos, esperamos que de moitos máis. Se queredes ver fotos do día:  Fotos do encontro con Lorena Fernández Se queredes ver os textos, todos eles de poetas galegas vivas,  escollidos polo alumnado de 1º de Bac para esta actividade:  Poetas escollidas por alumnado de 1º de BAC

Samaín

Imagem
 Na nosa cultura o Samaín era a celebración en que se conmemoraba a fin do ano vello e o comezo do ano novo. O Samaín iniciaba o inverno e era a época en que se cría que as almas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar familiares, conseguir alimento e quentarse no lume da lareira. Para recordarmos esta data fixemos na escola un concurso de epitafios en que houbo moita participación, a verdade.  Eis a nova na wen do centro:  Concurso de epitafios na web Os epitafios  gañadores podes velos na seguinte ligazón:  gañadores concurso epitafios 2022

Quen somos?

Imagem
 As pontes serven para nos encontrar.  Ás veces con xentes doutros tempos, pasados ou futuros. Outras, con xentes doutros lugares.  É por iso que a nosa lingua é unha ponte. Grazas a ela tecemos no presente redes entre o pasado e o futuro desexado. Tecémolas tamén con todos aqueles lugares en que nos podemos entender en galego, desde Brasil até Timor Leste.  Neses encontros acabamos por nos descubrir a nós mesmos. Digamos entón que a lingua é o que somos. Sermos do barrio da Ponte, estudarmos no que era unha estación de tren, na marxe dun río fronteirizo, convivirmos con alumnado tan diverso... Parece que todo nos leva a sermos pontes. Como a nosa lingua. Lingua de Ponte/ Ponte de Lingua Convidámoste desde aquí a te pores de lingua. A que abras os ollos ou os oídos, a descubrir outros e a descubríreste. O logo do noso equipo foi deseñado por Miguel Viso Murciego, alumno da escola, e gañador do concurso de logos para Lingua de Ponte.