Do TRADI ó TRAP… Baila, morena!

 O día 7 de decembro o alumnado de 3º da ESO realizou este fantástico obradoiro de sensibilización en materia de igualdade e erradicación da violencia contra as mulleres con Branca Villares.

Por que era necesario?

Porque estes tempos de identidades dixitais e sobreexposición en redes sociais, precisamos un espazo de reflexión para as mozas e mozos sobre os contidos audiovisuais que a diario consomen e xeran: é preciso falar de autopercepción, cousificación, sexualización temperá ou socialización.

En que consistiu o obradoiro?


Neste obradoiro abordáronse de xeito lúdico estes temas a partir das músicas nos distintos tempos, e as colectividades que as rodean. Fiamos cantigas de antes e de agora, videos musicais,publicidades, tiktoks e demais para poñerlle nome ós micromachismos e ás violencias.

Tamén reflexionamos sobre as colectividades tanxibles e as virtuais.

Por último exemplificamos protocolos de axuda en casos de acoso ou abuso sexual.

Pero...por que comezar a falar disto?

Porque se non o facemos, chegaremos tarde. Porque todo canto nos preocupa xa forma parte das vidas  do alumnado, da súa realidade. É preciso botar unha ollada crítica, verbalizar os riscos e interiorizar protocolos de actuación ante a aparición de problemas.

Na información e prevención está a clave.

As temperás etapas ás que a mocidade está exposta á hipersexualización na publicidade, redes sociais sen control parental, material pornográfico, etc. sumado a mensaxes contraditorias entre a contorna familiar-educativo e o social-virtual (altamente mercantilizado), fainos moi vulnerables fronte a agresións de diversa índole.

Por outra banda, os datos en materia de agresións sexuais son claros: máis da metade sófrenas as menores (principalmente mulleres, mais tamén homes). Delas, máis da metade prodúcense antes dos 13 anos.

Destacamos que a inmensa maioría dos agresores non se atopan en idades temperás, logo é un fantástico momento para intervir e informar.

Reflexionamos e aprendemos  unha chea de cousas neste obradoiro.


Miles de grazas, Branca!








Comentários

Mensagens populares deste blogue

Algunha música para o Magosto