Quen somos?

 As pontes serven para nos encontrar. 


Ás veces con xentes doutros tempos, pasados ou futuros. Outras, con xentes doutros lugares. 


É por iso que a nosa lingua é unha ponte. Grazas a ela tecemos no presente redes entre o pasado e o futuro desexado. Tecémolas tamén con todos aqueles lugares en que nos podemos entender en galego, desde Brasil até Timor Leste. 


Neses encontros acabamos por nos descubrir a nós mesmos. Digamos entón que a lingua é o que somos.


Sermos do barrio da Ponte, estudarmos no que era unha estación de tren, na marxe dun río fronteirizo, convivirmos con alumnado tan diverso... Parece que todo nos leva a sermos pontes.

Como a nosa lingua. Lingua de Ponte/ Ponte de Lingua

Convidámoste desde aquí a te pores de lingua. A que abras os ollos ou os oídos, a descubrir outros e a descubríreste.

O logo do noso equipo foi deseñado por Miguel Viso Murciego, alumno da escola, e gañador do concurso de logos para Lingua de Ponte.


Comentários

Mensagens populares deste blogue

Algunha música para o Magosto