Os días da semana. Celia Pereira Porto

 Para difundir o nome tradicional dos días da semana en galego pedimos a algunhas persoas que nos enviasen un vídeo. 

A primeira persoa que nolo enviou foi Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco.

Se quixeres colaborar con esta campaña, envíanos un vídeo curto, que non pase dun minuto en que empregues algún deses nomes tradicionais.

Tenta gravalo en horizontal se o fas co móbil. Podes envialo ao noso correo electrónico: pontedelingua@gmail.com

Para saberes algo máis sobre estes nomes podes acceder a feirando.gal, proxecto da AGAL, A Mesa e Vía Galego, onde encontarás varios recursos.










Comentários

Mensagens populares deste blogue

Algunha música para o Magosto