Os días da semana- Mario Brión

O segundo vídeo que recibimos para a nosa campaña de difusión dos nomes tradicionais dos días da semana foi o do creador de contidos e youtubeiro Mario Brión Toucedo, Olaxonmario.

Mario visitou o centro en xaneiro (podedes ver algunha fotografía nesta ligazón) e está nominado na categoría mellor comunicador/comunicadora  na XXI edición dos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. 

A gala de entrega destes premios celebrarase en Ourense o 11 de marzo.

Lembrade que se queredes colaborar con esta campaña de Lingua de Ponte podedes enviarnos un breve vídeo ao correo do equipo pontedelingua@gmail.com 

Grávao en horizontal se o fixeres co móbil.




Comentários

Mensagens populares deste blogue

Algunha música para o Magosto